EN SEXTO ESTAMOS A TRABALLAR A ESCALAS MAIORES

Agora que empezamos o ano 2010, a ver se son quen de darlle un pouco de vida a este blog. Comezaremos informando das actividades programadas para este trimestre en sexto de primaria. Imos traballar as escalas en tonalidade maior e menor.

TEORÍA:

En teoría musical, chámase intervalo á distancia entre dúas notas. Os intervalos defínense partindo do nome das notas e da distancia en tons ou semitóns existente.

Tomando como base a escala natural de DO e os seus intervalos, temos un “código” que nos servirá para a formación de todas as escalas maiores:

TON – TON – SEMITÓN – TON – TON – TON – SEMITÓN.   
Ou o que é o mesmo: 1 – 1 – 1/2 – 1 – 1 – 1 – 1/2

A partir deste código podemos construír tódalas escalas maiores, tendo en conta dúas condicións: a escala comezará e acabará coa mesma nota; e non se poderán repetir nomes de nota.

ESCALA DE RE MAIOR:

Podedes ir probando co resto das escalas

~ por ceipricardotobio o Xaneiro 18, 2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.